Esta é unha pequena guía para o recoñecemento dalgunhas das máis comúns aves de Galicia.

sábado, 7 de enero de 2012

Gaivota escura (Larus fuscus)


Gaivota escura
Mide uns 50 cm e é invernal. Ten as costas e as ás dun gris moi escuro coas puntas das ás brancas, a cabeza branca pintada e o ventre, o peito, a mitra e o rabo brancos.
Gaivota escura

Garza real (Ardea cinerea)


Garza real
Mide cas 1 m. Ten as costas, parte das ás, a mitra e o rabo grises, o cabo das ás negro unhas raias negras no pescozo e o resto do corpo branco.
Garza real (habitat terrestre)

Garza real (habitat mariño)

sábado, 17 de diciembre de 2011

Estorniño pinto (Sturnus vulgaris)


Estorniño pinto
Mide uns 20 cm e é invernal. A súa plumaxe invernal (que en Galicia é a importante) é negra con irisación verdes ou violetas todo cheo pencas brancas ou beiges. É gregario e durante o inverno mestúrase nas bandadas dos estorniños negros.
Estorniño pinto (invernal)

sábado, 12 de noviembre de 2011

Peto real (Dendrocopos major)

Peto real

Mide case 25 cm. O macho ten as costas, o rabo, gran parte das ás, a cabeza e parte das fazulas negras, o ventre cor crema e a parte do ventre próxima ao rabo e parte do curuto vermellos. O resto do corpo é branco.
Peto real

jueves, 13 de octubre de 2011

Pomba doméstica (Columba livia doméstica)



Pomba doméstica
Mide uns 40 cm. É a descendenia dunha especie doméstica e ten numerosas variacións: pode ser case totalmente branca ou negra pero a maioría teñen o peito con irisacións verdes ou violetas.
Pomba doméstica

Pomba doméstica (grupo)

Variedades de pomba doméstica