Esta é unha pequena guía para o recoñecemento dalgunhas das máis comúns aves de Galicia.

viernes, 26 de agosto de 2011

Garzota común (Egretta garzetta)


Garzota común
Mide uns 60 cm e é invernante. Todo o ano é totalmente branca, co bico e as patas negros e as dedas amarelas.


Garzota común

Garzota común (voando)

Garzota común (grupo)

Píllara real (Charadius hiaticula)


Píllara real
Mide case 20 cm, é invernante e é exclusiva da costa. Ten as costas, o curuto e as ás pardas oliváceas, a mitra e o rabo marrón e o ventre e o papo brancos. En plumaxe estival ten un colar e un antiface negro dos cales carece durante o inverno.
Píllara común (bandada)

Gaivota patiamarela (Larus cachinnans)


Gaivota patiamarela
Mide case 70 cm. E practicamente branca coas costas cincentas e as puntas das ás escuras. As súas patas e o bico son amarelos, este último cunha mancha vermella na parte inferior.
Gaivota patiamarela

Gaivota patiamarela (bandada)
Gaivota patiamarela (2º ano)

Gaivota chorona común (Larus ridibundus)


Gaivota chorona común (foto)
Mide case 40 cm. En plumaxe invernal e case branca, pero coas as grisáceas máis escuras na punta e unha mancha onda o ollo. En plumaxe estival a cabeza tena marrón escuro.

Gaivota chorona común (estival)



Gaivota chorona común (bandada)
Gaivota chorona común (2º ano)

Corvo mariño real (Phalacrocorax carbo)


Corvo mariño real
Mide case1 m e é invernante. E totalmente negro agás unha penca branca no papo e, durante a época nupcial, outra onda as patas.


Corvo mariño real

Corvo mariño real (grupo)

Corvo mariño real (novo)

Corvo mariño real (secándose)


Plumas



Ademáis de aves tamén recopilo plumas e as súas fotos, que son máis difíciles de recoñecer, por eso teño algunhas que sei de que son:
De gavián común
De pombo torcaz
De pega marza
De peto verdeal
De pega rabilonga
De merlo común
De corvo viaraz

E teño fotos de outra plumas que non sei a que ave coresponden:












viernes, 5 de agosto de 2011

Fulepa amarela (Hippolais polyglotta)

Fulepa amarela

Mide pouco máis de 12 cm e é estival. Ten as costas, a mitra o curuto, as ás e o rabo oliváceos e o papo e o ventre amarelos. Tamén ten risca ocular amarela.
Fulepa amarela

Lavandeira real (Motacilla cinerea)

Lavandeira real
Mide case 20 cm. Ten as costas e o curuto grises, liña ocular branca e as ás e o rabo negros. A femia sempre e o macho no inverno teñen o papo e parte do ventre brancos e a mitra e a parte restante do ventre amarelos, pero no verán o macho ten o papo negro e o ventre amarelo.

Lavandeira real (femia)