Esta é unha pequena guía para o recoñecemento dalgunhas das máis comúns aves de Galicia.

Aves mariñas


Aves mariñas
Son aves de entre 15 cm e 1 m aproximadamente que viven exclusivamente na costa. Este e o apartado do blog menos completo.


Corvo mariño cristado (Phalacrocorax aristotelis)
Mide case 80 cm. Ten o plumaxe enteiramente negro con reflexos verdes. Durante a época nupcial ten un crista moi distintiva.


Corvo mariño real (Phalacrocorax carbo)
Mide case1 m e é invernante. E totalmente negro agás unha penca branca no papo e, durante a época nupcial, outra onda as patas.

Corvo mariño real

Corvo mariño real (grupo)

Corvo mariño real (novo)

Corvo mariño real (secándose)


Gaivota chorona común (Larus ridibundus)
Mide case 40 cm. En plumaxe invernal e case branca, pero coas as grisáceas máis escuras na punta e unha mancha onda o ollo. En plumaxe estival a cabeza tena marrón escuro.

Gaivota chorona común (estival)


Gaivota chorona común (bandada)
Gaivota chorona común (2º ano)





Gaivota escura (Larus fuscus)
Mide uns 50 cm e é invernal. Ten as costas e as ás dun gris moi escuro coas puntas das ás brancas, a cabeza branca pintada e o ventre, o peito, a mitra e o rabo brancos.
Gaivota escura


Gaivota patiamarela (Larus cachinnans)
Mide case 70 cm. E practicamente branca coas costas cincentas e as puntas das ás escuras. As súas patas e o bico son amarelos, este último cunha mancha vermella na parte inferior.
Gaivota patiamarela

Gaivota patiamarela (bandada)
Gaivota patiamarela (2º ano)


No hay comentarios:

Publicar un comentario