Esta é unha pequena guía para o recoñecemento dalgunhas das máis comúns aves de Galicia.

Aves cinexéticas terrestres


Aves cinexéticas terrestres
Son aves que miden aproximadamente de 15 a 40 cm, que se cazan e que en moitas ocasións viven ou fan os niños no chan.



Paspallás común (Coturnix coturnix)
Mide algo máis de 15 cm e é estival. O macho ten as costas, a mitra, o rabo e as ás marrón escuro con riscas brancas e negras. Gran parte do papo e o ventre son cor crema. Ten a cella branca e a parte do papo de máis cerca da cara branco e negro a raias. A femia diferenciase en que esta parte do papo tena completamente brancas.

Perdiz rubia (Alectoris rufa)
Mide case 35 cm e é estival. Ten as costas, a mitra e o rabo azul cincento, as ás griscaceas con riscas verticais brancas e arrubiadas e o curuto gris A cara tena branca, exceptuando a risca ocular, que é negra, a igual cá parte do papo de máis cerca da cara. O resto do papo é gris e o ventre alaranxado. A súa forma é similar á dunha pita.

Pomba doméstica (Columba livia doméstica)
Mide uns 40 cm. É a descendenia dunha especie doméstica e ten numerosas variacións: pode ser case totalmente branca ou negra pero a maioría teñen o peito con irisacións verdes ou violetas.
Pomba doméstica

Pomba doméstica (grupo)

Variedades de pomba doméstica


Pombo torcaz (Columba palumbus)
Mide uns 40 cm. Ten as costas, a mitra e a parte máis cercana ao corpo das ás e o rabo grises. O resto das ás e do rabo son negros. O papo é rosáceo e o ventre branco. A cabeza é gris. Ten unha raia branca entre a parte gris das ás e a negra. Tamén ten unha mancha branca no cuello.
Pombo torcaz

Pombo torcaz (parella)


Rula común (Streptopelia turtur)
Mide pouco máis de 25 cm e é estival. Ten a cabeza gris, pero cunha penca que rodea o ollo avermellada. As costas tenas douradas con pencas negras, as súas ás e o rabo son marróns, o papo é rósaceo e o ventre branco.
Rula común

Rula turca (Streptopelia decaocto)
Mide uns 33 cm. Ten as costas, a mitra e o curuto gris, as puntas das ás negras, o fin do rabo branco e o ventre e o papo rosados. No pescozo ten un collar branco e negro.
Rula turca
Rula turca (parella)