Esta é unha pequena guía para o recoñecemento dalgunhas das máis comúns aves de Galicia.

Rapaces


Dependendo dos seus hábitos poden ser diurnas ou nocturnas:

Rapaces diurnas

Son aves que miden entre 30 e 110 cm. En moitos casos aliméntanse de animáis que elas cazan.



Gabián común (Accipiter nisus)
Mide uns 35 cm o macho e case 40 o macho. O macho ten as costas, as ás, a mitra e o rabo gris escuro, a risca ocular e o curuto tamén grises e o resto da cara brancos. O papo e o ventre tenos brancos e grises a raias. A femia diferenciase en que as partes grises, en vez de desta cor son azuis, en que o papo teno vermello polas beiras e o vente e o resto do papo están riscados de branco e laranxa.

Lagarteiro peneireiro (Falco tinnunculus)
Mide uns 35 cm.O macho ten costas, mitra, rabo e curuto marróns riscadas de negro , e as ás negras e algo marróns. A cara tena grisacea e negra e o papo e o ventre tenos brancos, tamén pencados de negro. A femia diferenciase do macho en que ten o curuto, a mitra e o rabo grises. As súas ás acaban en punta.
Lagarteiro peneireiro (voando)


Miñato común (Buteo buteo)
Mide uns 50 cm. Dependendo da zona e do exemplar pode variar dende ser totalmente marrón a ter a cara, o papo e o ventre case brancos. As súas ás acaban en varias plumas.
Miñato común
Miñato común (voando)
Miñato común (grupo)



Rapaces nocturnas
Son aves de entre 20 e 70 cm. Comen animáis que elas cazan pola noite, que é cando actúan.


Avelaiona común (Strix aluco)
Mide uns 40 cm. Ten costas, mitra, e curuto riscados de distintas tonalidades de marrón. A cara tenca marrón claro cunha X entre os ollos. O ventre e o papo tenos brancos pencados de marrón. O seu canto e o famoso “uu-uu-uu-uu” que normalmente se lle atribue á curuxa.

Curuxa común (Tyto alba)
Mide uns 35 cm. Ten as costas dun claro marrón dourado pencado de branco e marrón escuro. A súa cara en forma de corazón e de cor branco. Tamén o ventre e o papo son brancos. O seu canto e un longo “xxxxxxxxxxxx”.

Moucho común(Athene noctua)
Mide uns 25 cm. Ten as costas, a mitra,o rabo e as ás marróns pencados de branco. O papo e o ventre tenos brancos e marrón a raias.