Esta é unha pequena guía para o recoñecemento dalgunhas das máis comúns aves de Galicia.

lunes, 5 de septiembre de 2011

Ouriolo común (Oriolus oriolus)


Ouriolo común
Mide case 25 cm e é estival. O macho ten todo o corpo menos as ás e parte do rabo amarelos. Estas dúas partes son negras, as ás con risca alar amarela. A femia ten as costas e o rabo verdes, a mitra amarela, as ás verdes e negras e o papo branco riscado de verde. É moi esquivo, non se acerca á xente. 
Ouriolo común (macho, novo)

Lagarteiro peneireiro (Falco tinnunculus)


Lagarteiro peneireiro 
Mide uns 35 cm.O macho ten costas, mitra, rabo e curuto marróns riscadas de negro , e as ás negras e algo marróns. A cara tena grisacea e negra e o papo e o ventre tenos brancos, tamén pencados de negro. A femia diferenciase do macho en que ten o curuto, a mitra e o rabo grises. As súas ás acaban en punta.
Lagarteiro peneireiro (voando)

Papamascas negro (Ficedula hypoleuca)


Papamascas negro
Mide uns 13 cm e só se ve nos pasos, especialmente en septembro. A femia ten as ás, a cabeza, o rabo, as costas e a mitra grises, con múltiples riscas brancas nas ás. O papo e o ventre tenos brancos. O macho en plumaxe invernal e igual pero con unha mancha branca sobre o pico, e durante o verán e similar a durante o inverno pero coas partes superiores negras.

Papamoscas negro (femia)
Papamoscas negro (macho) (plumaxe intermedio)

Ferreiriño subeliño (Aegithalos caudatus)


Ferreiriño subeliño
Mide case 15 cm, pero parte deles constitúeos o rabo. Ten parte das costas, as ás e o rabo negros, o curuto, a cara e o papo brancos, e o resto das costas e o ventre rosas.
Ferreiriño subeliño