Esta é unha pequena guía para o recoñecemento dalgunhas das máis comúns aves de Galicia.

martes, 29 de marzo de 2011

Lista de Aves catalogadas

Na páxina de "paxaros" xa están introducidas as descricións e fotos de todas as aves que ata agora puiden fotografar: andoriña común, bubela común, carrizo común, chasco común, corvo viaraz, escribenta liñaceira, estorniño negro, estreliña riscada, ferreiriño abelleiro, ferreiriño bacachís, gabeador común, lavandeira branca, liñaceiro común merlo común, paporrubio común, paporrubio real, papuxa das amoras, pardal común, pardal orelleiro, picafollas europeo, pimpín común, pincaouro común, rabirrubio tizón, tordo común, verderolo común, xirín común, miñato común, pombo torcaz e lavanco real.

Ainda que non teño fotos destas, introducín as descricións doutras aves que están clasificadas nas páxinas do blog (á dereita) que sei que hai no interior de Galicia: cuco común, estorniño pinto, ferreiriño común, fulepa amarela, laverca común, merlo rieiro, ouriolo común, pega rabilonga, peto real, pero verdeal, piquelo azul, tordo charlo, paspallás común, perdiz rubia,  rula común, avefría europea, cegoña branca, garza real, avelaiona común, curuxa común, moucho común, gabián común e lagarteiro peneireiro.

sábado, 19 de marzo de 2011

Textos

Xa están inseridos os textos da sección, que é a maior. Dentro de pouco poñerei os textos do resto das aves, inda que destas non teña imaxes.

Vencellos

Esta semanas xa chegaron os vencellos a Lugo, como se pode ver na sección "paxaros" son unhas aves estivales que chegan a mediados de marzo.

domingo, 13 de marzo de 2011

Novas fotos.

Hoxe (13 de Marzo) foi o día no que subín todas as fotos que teño hasta ahora. Dentro duns días subirei tamén os textos e espero que algunhas fotos máis.