Esta é unha pequena guía para o recoñecemento dalgunhas das máis comúns aves de Galicia.

miércoles, 29 de junio de 2011

Pega rabilonga (Pica pica)

Pega rabilonga
Mide entre 40 e 50 cm. Ten o papo branco, a punta das ás brancas e  unha franxa entre as ás e a cabeza brancos. O resto do corpo é negro.
Pega rabilonga

Picafollas ibérico (Phylloscopus ibericus)

Picafollas ibérico
Mide máis de 10 cm e é estival. Ten as ás, as costas, o rabo e a cabeza oliváceos, risca ocular branca e o ventre e o papo brancos verdosos.
Picafollas ibérico

Cegoña branca (Ciconia ciconia)

Cegoña branca
Mide sobre 1 m e é estival en gran parte de Galicia. E branca exceptuando o cabo das ás, que é negro. O seu peteiro e as súas patas son laranxas.
Cegoña branca

Cegoña branca (voando)
Cegoña branca (grupo)



sábado, 18 de junio de 2011

Pega marza (Garrulus glandarius)

Pega marza
Mide case 35 cm. Ten as costas, parte do papo e o ventre marrón, as ás brancas, azuis e negras, a mitra branca e o rabo negro. O resto do papo é branco e a cabeza á branca e negra. Non lle gusta a presenza humana e só por acercase ao seu niño abandónao.
Pega marza

Azulenta común (Prunella modularis)

Azulenta común
Mide case 15 cm. Ten as costas, as ás e o rabo pardos con riscas en distintas tonalidades, a cara tena gria azulada cunha risca ocular negra e o papo e o ventre tenos grises azulados tamén.
Azulenta común

Rula turca (Streptopelia decaocto)

Rula turca
Mide uns 33 cm. Ten as costas, a mitra e o curuto gris, as puntas das ás negras, o fin do rabo branco e o ventre e o papo rosados. No pescozo ten un collar branco e negro.
Rula turca

Rula turca (parella)

jueves, 2 de junio de 2011

Cantos de aves

Estas son gravacións dos cantos de algunhas aves, xa teño, entre outras; o merlo, o cuco, a andoriña, a papuxa das amoras, o paporrubio, o pardal, o paspallás, o carrizo e o verderolo: