Esta é unha pequena guía para o recoñecemento dalgunhas das máis comúns aves de Galicia.

Paxaros

Paxaros

Son aves de máis ou menos entre 10 e 25 cm con algunhas excepcións de ata 70 cm (corvidae). A gran maioría pasa a vida nas árbores.



Andoriña común (Hirundo rustica
Mide uns 20 cm e é estival. Ten as costas, a mitra as ás e o rabo negros,a cara e o papo marróns e o ventre, o peito e a parte inferior das ás brancas. Poucas veces se pousa se non é para durmir e fai os niños en forma de cunca en teitos de edificios. Ten o rabo moi gallado.
Andoriña común
Andoriña común (grupo)

Andoriña común (voando)
Andoriña común (grupo) (novas)


Azulenta común (Prunella modularis)
Mide case 15 cm. Ten as costas, as ás e o rabo pardos con riscas en distintas tonalidades, a cara tena gria azulada cunha risca ocular negra e o papo e o ventre tenos grises azulados tamén.
Azulenta común

Bubela común (Upupa epops)
Mide sobre 27 cm. Ten as costas, e a cabeza laranxas, esta última acabada nunha crista laranxa e negra. As ás, a mitra e o rabo tenos a raias brancas e negras. Comunmente vense pousadas no chan. É coñecida polo seu desagradable olor, que ten por facer o seu niño con excrementos.
Bubela común

Carrizo común (Troglodytes troglodytes)
É o segundo paxaro máis pequeno de Galicia, con so uns 10 cm. Ten a mitra e as costas marróns coas ás e o rabo riscados de negro, o ventre tamén marrón pero máis claro e unha risca ocular branca. Son fáciles de recoñecer pola posición do seu rabo, as veces case perpendicular ao corpo. Fan niños esféricos coa entrada no lateral.
Carrizo común
Carrizo común (novo)



Chasco común (Saxicola torquata)

Mide case 13 cm. O macho ten as costas marróns pencadas, as ás e o rabo marrón escuro e a mitra, unha liña que separa as ás e as costas e outr liña no pescozo brancas. A súa cabeza é negra, o papo e a parte do ventre máis próxima a el laranxa apardazado e o resto do ventre brancos. A femia e similar pero co papo menos laranxa e a cabeza marrón.

Chasco común (femia)
Chasco común (macho) (estival)

Chasco común (macho) (plumaxe intermedio)



Corvo viaraz (Corvus corone)
Mide case 50 cm. É totalmente negro, tanto as plumas coma o peteiro e as patas. Moitas veces vese en grupos de corvos de 4 ou 5 exemplares.
Corvo viaraz
Corvo viaraz (parella)


Cuco común (Cuculus canorus)
Mide sobre 35 cm e é estival. O macho ten as costas, a mitra, a cabeza e o papo cincentos, as ás algo máis escuras e o rabo negro. O ventre é cincento e branco a raias. A femia e algo máis parda. É famoso polo seu canto: un ”cu cu”, “cu cu” e por non facer niño, senón poñer os ovos nos niños do carrizo, a lavandeira, a azulenta, a papuxa das amoras e o paporrubio, de forma que estes alimenten ás súas crías.



Escribenta liñaceira (Emberiza cirlus)
Mide pouco máis de 15 cm. Ten a cara amarela e negra a raias, as costas avermelladas e riscado de negro, as ás pardas riscadas de branco, a mitra marrón claro, a parte superior do rabo parda e riscada de negro e a parte inferior deste branco e negro. O seu ventre é amarelo de o seu papo da mesma cor ca mitra. En niños a baixa altura pon os ovos a os que lles debe o seu nome: teñen raias irregulares que parecen escritas.
Escribenta liñaceira (femia)

Escribenta liñaceira (macho)



Estorniño negro (Sturnus unicolor)
Mide aproximadamente 20 cm. A súa plumaxe estival é completamente negra. Durante o inverno son máis claros e algo pencado de gris. E moi gregario, vive cría e viaxa en grandes bandadas de ata centos de individuos.
Estorniño negro (primaveral)
Estorniño negro (invernal)

Estorniño negro (gran bandada)
Estorniño negro (bandada)





Estorniño pinto (Sturnus vulgaris)
Mide uns 20 cm e é invernal. A súa plumaxe invernal (que en Galicia é a importante) é negra con irisación verdes ou violetas todo cheo pencas brancas ou beiges. É gregario e durante o inverno mestúrase nas bandadas dos estorniños negros.
Estorniño pinto (invernal)



Estreliña riscada (Regulus ignicapilla)
É o paxaro máis pequeno de Galicia cos seus case 10 cm, medio menos ca o carrizo. O macho ten a cara branca e negra a raias, con partes grisaceas, o papo cor crema, as costas, a mitra e o rabo oliváceos e as ás negras, brancas e oliváceas, o seu rasgo máis característico e que ten o curuto laranxa. A femia e coma el pero co curuto amarelo. Pendura o niño entre as follas de arbores ou arbustos.
Estreliña riscada 

Estreliña riscada (aterrizando)


Ferreiriño abelleiro (Parus major)
Mide case 15 cm. Os dous sexos teñen as costas e a mitra oliváceas, as ás grises riscadas de branco, as fazulas brancas e o resto da cara e a cabeza negros, o papo e o ventre marelos, exceptuando unha raia negra que os recorre. O rabo é cincento e branco.
Ferreiriño abelleiro


Ferreiriño bacachís (Parus caeruleus)
Mide algo máis de 10 cm. Ten as costas e a mitra oliváceas, o rabo, o curuto e as ás azuis, estas últimas cunha risca alar branca. Ten as fazulas brancas, o papo e o ventre amarelo , cunha raia negra no ventre. É moi activo, non para de moverse e pendurarse das polas.
Ferreiriño bacachís
Ferrreiriña bacachís (novo)

Ferreiriño común (Parus ater)
Mide pouco máis de 10 cm. Ten as costas, o rabo e as ás azuis, estas con  riscas brancas. As fazulas e o curuto son negras, e o resto da cara e parte do papo son negros. O resto do peito e o ventre son brancos. É moi activo e móvese continuamente, pendurándose cabeza abaixo das polas.
Ferreiriño común

Ferreiriño cristado (Parus cristatus)
Mide pouco máis de 10 cm. Ten as costas, a mitra, as ás e o rabo marróns e o ventre e o peito brancos ou cor crema. a cara tena branca cunha raia negra inferior ao ollo que se une a risca ocular, que tamén é negra. No curuto ten unha crista branca e negra que o fai facilmente diferenciable. Igual ca especie anterior tamén é moi activo.
Ferreiriño cristado
Ferreiriño subeliño (Aegithalos caudatus)
Mide case 15 cm, pero parte deles constitúeos o rabo. Ten parte das costas, as ás e o rabo negros, o curuto, a cara e o papo brancos, e o resto das costas e o ventre rosas.
Ferreiriño subeliño

Fulepa amarela (Hippolais polyglotta)
Mide pouco máis de 12 cm e é estival. Ten as costas, a mitra o curuto, as ás e o rabo oliváceos e o papo e o ventre amarelos. Tamén ten risca ocular amarela.
Fulepa amarela


Gabeador común (Certhia brachydactyla)
Mide pouco máis de 12 cm. Ten as costas e as ás pardas riscadas, e a mitra e o rabo marrón claro. A cella, o ventre e o papa
o son brancos. O seu nome débese á súa costume de subir e baixar polos trocos das árbores camiñando.
Gabeador común


Lavandeira branca (Motacilla alba alba)
Mide uns 17 cm, pero gran parte destes ocúpaos o rabo. O macho ten as costas grises, as ás e o rabo negros riscados de branco, o papo e o curuto negros. A cara e o ventre son brancos. A femia diferénciase en que a parte traseira do seu curuto non é tan negra coma a do macho. Case sempre anda no chan e movendo o rabo continuamente de arriba a abaixo.
Lavandeira branca (femia)

Lavandeira branca (macho)
Lavandeira branca (nova)



Lavandeira real (Motacilla cinerea)
Mide case 20 cm. Ten as costas e o curuto grises, liña ocular branca e as ás e o rabo negros. A femia sempre e o macho no inverno teñen o papo e parte do ventre brancos e a mitra e a parte restante do ventre amarelos, pero no verán o macho ten o papo negro e o ventre amarelo.
Lavandeira real (femia)



Laverca común (Alauda arvensis)
Mide uns 17 cm. Excepto o ventre, todo o seu corpo é marrón algo oliváceo con riscas brancas nas ás e máis escuras no resto. O ventre é branco. Normalmente anda polo chan.


Liñaceiro común (Carduelis cannabina)
Mide pouco menos de 15 cm. O macho durante o verán (plumaxe estival) Ten as costas pardas, as as pardas e negras nas puntas, o rabo negro, a mitra branca e a cabeza parda excepto a fronte, que ten vermella. O peito teno tamén vermello unha liña branca no medio e o ventre teno branco. A femia e o macho o resto do ano é igual pero coa fronte gris e o peito cor crema riscado de escuro.
Liñaceiro común (macho, estival)


Merlo común (Turdus merula)
Mide sobre 27 cm. O macho e completamente negro, co peteiro laranxa. A femia ten todo o seu corpo excepto o papo dun marrón moi escuro, o papo tamén marrón pero algo máis claro e con riscas e o peteiro amarelo. Anda a brincos.
Merlo común (femia)

Merlo común (macho)
Merlo común (novo)


Merlo rieiro (Cinclus cinclus)
Mide case 20 cm. Ten  o rabo, as costas, o ventre e as ás negros, a cabeza marrón e o papo branco. Ten ese nome porque vive ondas os ríos e póusase nas pedras que deles sobresaen.

Ouriolo común (Oriolus oriolus)
Mide case 25 cm e é estival. O macho ten todo o corpo menos as ás e parte do rabo amarelos. Estas dúas partes son negras, as ás con risca alar amarela. A femia ten as costas e o rabo verdes, a mitra amarela, as ás verdes e negras e o papo branco riscado de verde. É moi esquivo, non se acerca á xente.
Ouriolo común (macho, novo)
Papamascas negro (Ficedula hypoleuca)
Mide uns 13 cm e só se ve nos pasos, especialmente en septembro. A femia ten as ás, a cabeza, o rabo, as costas e a mitra grises, con múltiples riscas brancas nas ás. O papo e o ventre tenos brancos. O macho en plumaxe invernal e igual pero con unha mancha branca sobre o pico, e durante o verán e similar a durante o inverno pero coas partes superiores negras.
Papamoscas negro (femia)
Papamoscas negro (macho) (plumaxe intermedio)


Paporrubio común (Erithacus rubecula)
Mide case 14 cm. Ten as costas, o rabo e as ás pardas, o papo e a cara laranxas rodeadas dun azul cincento e o ventre branco. É bastante confiado, non o molesta a compañía humana.
Paporrubio común

Paporrubio común (algo novo)

Paporrubio común (novo)


Paporrubio real (Pyrrhula pyrrhula)
Mide algo máis de 15 cm. O macho ten as ás, o curuto e o rabo negros, as costas grises, a mitra branca e o papo e case todo o ventre vermellos. Ten risca alar branca. A femia é case igual pero ten o papo e o ventre dun laranxa pardento.


Paporrubio real (femia)

Paporrubio real (macho)

Paporrubio real (parella)


Papuxa das amoras (Sylvia atricapilla)

Mide case 15 cm. O macho ten as costas, as ás e o rabo marróns, o papo e o ventre brancos, a cara cincenta e o curuto negro. A femia é similar pero co curuto marrón.
Papuxa das amoras (femia)

Papuxa das amoras (macho)

Pardal común (Passer domesticus)
Mide uns 15 cm. O macho ten as ás, as costas e o rabo riscados de distintas tonalidades de marrón, o ventre branco, o papo negro, a cara branca e marrón, o curuto gris e a mitra marrón claro. Ten risca alar branca. A femia ten todo o corpo menos o ventre, que o ten cor crema, marrón con riscas, pero non tan acentuadas coma no macho. Pode haber exemplares con distintos tons segundo a zona. Os niños fainos comunmente en casetos ou casas en ruínas.
Pardal común (femia)

Pardal común (macho)

Pardal orelleiro (Passer montanus)
Mide case 14 cm. Ten as ás e as costas riscadas de distintos marróns, a mitra marrón claro e o rabo e o curuto marrón máis escuro. O papo teno un pouco negro e na cara ten unha mancha tamén negra. O resto da cara, o resto do papo e o ventre son brancos.
Pardal común

Pardal común (parella)
Pardal orelleiro (grupo)

Pega marza (Garrulus glandarius)
Mide case 35 cm. Ten as costas, parte do papo e o ventre marrón, as ás brancas, azuis e negras, a mitra branca e o rabo negro. O resto do papo é branco e a cabeza á branca e negra. Non lle gusta a presenza humana e só por acercase ao seu niño abandónao.
Pega marza

Pega rabilonga  (Pica pica)
Mide entre 40 e 50 cm. Ten o papo branco, a punta das ás brancas e  unha franxa entre as ás e a cabeza brancos. O resto do corpo é negro.
Pega rabilonga


Peto real (Dendrocopos major)
Mide case 25 cm. O macho ten as costas, o rabo, gran parte das ás, a cabeza e parte das fazulas negras, o ventre cor crema e a parte do ventre próxima ao rabo e parte do curuto vermellos. O resto do corpo é branco.
Peto real

Peto verdeal (Picus viridis)
Mide case 35 cm. Ten o curuto vermello, As costas e as ás verdes, estas últimas riscadas de branco e negro na punta, mitra amarela e rabo verde riscado de negro. A cara, o papo e o ventre son brancos. O macho diferénciase da femia en que o no macho unha risca de debaixo de ollo é vermella e na femia negra.

Pica dos prados (Anthus pratensis)
Mide uns 15 cm e é invernal. Ten as costas, as ás, o rabo e a cabeza pardas riscadas cunha risca alar de puntos negros. O papo e o ventre tenos brancos riscados de negro con unhas zonas amarelas debaixo das ás.
Pica dos prados


Picafollas europeo (Phylloscopus collybita)
Mide pouco máis de 10 cm e é invernante. Ten as costas, as ás, a cabeza e o rabo pardos, e o papo e o ventre brancos. Ten unha risca ocular branca.
Picafollas europeo

Picafollas ibérico (Phylloscopus ibericus)
Mide máis de 10 cm e é estival. Ten as ás, as costas, o rabo e a cabeza oliváceos, risca ocular branca e o ventre e o papo brancos verdosos.
Picafollas ibérico

Picanzo vermello (Lanius collurio)
Mide uns 17 cm. e é estival. O macho ten a cabeza e a mitra grises, as costas pardas avermelladas, as ás pardas, o rabo negro e a cara branca cun antiface negro. o ventre e o papo tenos brancos un pouco avermellados ao acercarse as ás. A femia ten as costas, a cabeza e a cara ata o pico pardos, a mitra gris, o rabo negro e as ás pardas. O vetre e o papo tenos brancos pardentos.


Picanzo vermello (femia)
Picanzo vermello (macho)



Piquelo azul (Sitta europaea)
Mide case 15 cm. Ten as costas e as ás azuis, estas últimas riscadas de branco, o rabo azul, branco, e negro, a cara branca e o papo cremoso que ao irse acercando ao ventre se vai volvendo pardo alaranxado. Sobe e baixa andando dos árbores.

Pimpín común (Fringilla coelebs)
Mide 15 cm. O macho ten o curuto e unha banda entre as costas e as ás azuis, o papo, parte do ventre, as costas e a cara laranxas ou vermellas. As ás e o rabo son negros e as riscas alares (dúas por á) e parte do ventre brancos. A mitra e olivácea. A femia é parecida pero ás partes vermellas do macho nela son pardas.
Pimpín común (femia)

Pimpín común (macho)


Pincaouro común (Carduelis spinus)
Mide pouco máis de 11 cm e é invernante (aínda que escaso). O macho ten o curuto e parte do papo negro, as costas grises amareladas, a mitra amarela, as ás predominantemente negras con moitas riscas amarelas e o ventre branco. A femia e case igual pero sen o curuto nin o papo negros. 
Pincaouro común (macho)


Rabirrubio tizón (Phoenicurus ochruros)
Mide case 15 cm. O macho é negro , pero co rabo laranxa, as ás riscadas de branco e a parte final do ventre tamén branco. A femia en vez de ser predominantemente negra eo olivácea.
Rabirrubio tizón (femia)
Rabirrubio tizón (macho)
Rabirrubio tizón (grupo) (novos)




Tordo charlo (Turdus viscivorus)
Mide case 30 cm. Ten as costas, as ás, a mitra e o rabo marróns. O ventre, a cata e o papo tenos cor crema pero moi pencados de negro.

Tordo común (Turdus philomeos)
Mide pouco máis de 20 cm. Ten as costas, as ás, a mitra e o rabo pardos, parte do ventre e branco e o resto del, a cara e o papo son cremosos pencados de marrón. Come caracois que abre co seu pico contra unha pedra.
Tordo común


Vencello común (Apus apus)
Mide uns 18 cm e é estival. Esceptuando o papo e totalmente negro, ten o rabo gallado, as ás moi longas e está case continuamente voando.
Vencello común (voando)


Verderolo común (Carduelis chloris)
Mide 15 cm. O macho ten a cara gris, as ás grises raiadas de negro e amarelo e o resto do corpo verde amarelado. A femia é parecida pero ten as costas e o papo grises.
Verderolo común (femia)

Verderolo común (macho)

Verderolo común (parella)



Xílgaro común (Carduelis carduelis)
Mide pouco máis de 12 cm. Ten as costas e parte da mitra pardas, o resto da mitra branca e o rabo negro. Nas ás ten dúás raias negras e unha amarela no medio. Ten o curuto negro e a cara vermella e branca. Tamén ten o papo e o ventre brancos.
Xílgaro común

Xílgaro común (parella)
Xílgaro común (novo)
Xílgaro común (novo) (grupo)



Xirín común (Serinus serinus)
Mide case 12 cm. O macho ten as costas e as ás grises e moi escuras, o rabo negro, a mitra amarela, o papo tamén amarelo, o ventre branco e a cara amarela e gris. A femia é case igual pero co papo e o ventre pencados de gris.
Xirín común (femia)

Xirín común (macho)
Xirín común (parella)