Esta é unha pequena guía para o recoñecemento dalgunhas das máis comúns aves de Galicia.

sábado, 23 de abril de 2011

Lavanco real (Anas platyrhynchos)

Lavanco real
Mide un pouco máis de 50 cm. O macho ten a cabeza verde, o pescozo vermello, as costas e as ás grises, a mitra tena negra e o rabo branco e negro. O ventre teno branco.

Lavanco real (macho)
Lavanco real (femia)

Pombo torcaz (Columba palumbus)

Pombo torcaz 
Mide uns 40 cm. Ten as costas, a mitra e a parte máis cercana ao corpo das ás e o rabo grises. O resto das ás e do rabo son negros. O papo é rosáceo e o ventre branco. A cabeza é gris. Ten unha raia branca entre a parte gris das ás e a negra. Tamén ten unha mancha branca no cuello.


Pombo torcaz


Pombo torcaz (parella)

Miñato común (Buteo buteo)

Miñato común
Mide uns 50 cm. Dependendo da zona e do exemplar pode variar dende ser totalmente marrón a ter a cara, o papo e o ventre case brancos.
Miñato común
Miñato común (voando)

Miñato común (grupo)



Xirín común (Serinus serinus)

Xirín común
Mide case 12 cm. O macho ten as costas e as ás grises e moi escuras, o rabo negro, a mitra amarela, o papo tamén amarelo, o ventre branco e a cara amarela e gris. A femia é case igual pero co papo e o ventre pencados de gris.
Xirín común (femia)

Xirín común (macho)

Xirín común (parella)

Verderolo común (Carduelis chloris)

Verderolo común
Mide 15 cm. O macho ten a cara gris, as ás grises raiadas de negro e amarelo e o resto do corpo verde amarelado. A femia é parecida pero ten as costas e o papo grises.
Verderolo común (femia)
Verderolo común



Verderolo común (parella)

Vencello común (Apus apus)

Vencello común
Mide uns 18 cm e é estival. Esceptuando o papo e totalmente negro, ten o rabo un pouco gallado, as ás moi longas e está case continuamente voando.
Vencello común (voando)

Tordo común (Turdus philomeos)

Tordo común
Mide pouco máis de 20 cm. Ten as costas, as ás, a mitra e o rabo pardos, parte do ventre e branco e o resto del, a cara e o papo son cremosos pencados de marrón. Come caracois que abre co seu pico contra unha pedra.
Tordo común


Rabirrubio tizón (Phoenicurus ochruros)

Rabirrubio tizón
Mide case 15 cm. O macho é negro , pero co rabo laranxa, as ás riscadas de branco e a parte final do ventre tamén branco. A femia en vez de ser predominantemente negra eo olivácea.

Rabirrubio tizón (femia)
Rabirrubio tizón (macho)
Rabirrubio tizón (grupo) (novos)

Pincaouro común (Carduelis spinus)

Pincaouro común
Mide pouco máis de 11 cm e é invernante (aínda que escaso). O macho ten o curuto e parte do papo negro, as costas grises amareladas, a mitra amarela, as ás predominantemente negras con moitas riscas amarelas e o ventre branco. A femia e case igual pero sen o curuto nin o papo negros. 
Pincaouro común (macho)


Pimpín común (Fringilla coelebs)

Pimpín común
Mide 15 cm. O macho ten o curuto e unha banda entre as costas e as ás azuis, o papo, parte do ventre, as costas e a cara laranxas ou vermellas. As ás e o rabo son negros e as riscas alares (dúas por á) e parte do ventre brancos. A mitra e olivácea. A femia é parecida pero ás partes vermellas do macho nela son pardas.
Pimpín común (femia)

Pimpín común (macho)

Picafollas europeo (Phylloscopus collybita)

Picafollas europeo
Mide pouco máis de 10 cm e é invernante. Ten as costas, as ás e o rabo pardos, e o papo e o ventre brancos. Ten unha risca ocular branca.
Picafollas europeo

Pardal orelleiro (Passer montanus)

Pardal orelleiro
Mide case 14 cm. Ten as ás e as costas riscadas de distintos marróns, a mitra marrón claro e o rabo e o curuto marrón máis escuro. O papo teno un pouco negro e na cara ten unha mancha tamén negra. O resto da cara, o resto do papo e o ventre son brancos.
Pardal común

Pardal común (parella)

Pardal orelleiro (grupo)



Pardal común (Passer domesticus)

Pardal común
Mide uns 15 cm. O macho ten as ás, as costas e o rabo riscados de distintas tonalidades de marrón, o ventre branco, o papo negro, a cara branca e marrón, o curuto gris e a mitra marrón claro. Ten risca alar branca. A femia ten todo o corpo menos o ventre, que o ten cor crema, marrón con riscas, pero non tan acentuadas coma no macho. Pode haber exemplares con distintos tons segundo a zona. Os niños fainos comunmente en casetos ou casas en ruínas.

Pardal común (femia)

Pardal común (macho)

Papuxa das amoras (Sylvia atricapilla)

Papuxa das amoras
Mide case 15 cm. O macho ten as costas, as ás e o rabo marróns, o papo e o ventre brancos, a cara cincenta e o curuto negro. A femia é similar pero co curuto marrón.
Papuxa das amoras (femia)
Papuxa das amoras (macho)

Paporrubio real (Pyrrhula pyrrhula)

Paporrubio real
Mide algo máis de 15 cm. O macho ten as ás, o curuto e o rabo negros, as costas grises, a mitra branca e o papo e case todo o ventre vermellos. Ten risca alar branca. A femia é case igual pero ten o papo e o ventre dun laranxa pardento.
Paporrubio real (femia)

Paporrubio real (macho)

Paporrubio real (parella)

Paporrubio común (Erithacus rubecula)

Paporrubio común
Mide case 14 cm. Ten as costas, o rabo e as ás pardas, o papo e a cara laranxas rodeadas dun azul cincento e o ventre branco. É bastante confiado, non o molesta a compañía humana.
Paporrubio común

Paporrubio común (algo novo)

Paporrubio común (novo)

Merlo común (Turdus merula)

Merlo común
Mide sobre 27 cm. O macho e completamente negro, co peteiro laranxa. A femia ten todo o seu corpo excepto o papo dun marrón moi escuro, o papo tamén marrón pero algo máis claro e con riscas e o peteiro amarelo. Anda a brincos
Merlo común (femia)

Merlo común (macho)

Merlo común (novo)

Liñaceiro común (Carduelis cannabina)

Liñaceiro común
Mide pouco menos de 15 cm. O macho durante o verán (plumaxe estival) Ten as costas pardas, as as pardas e negras nas puntas, o rabo negro, a mitra branca e a cabeza parda excepto a fronte, que ten vermella. O peito teno tamén vermello unha liña branca no medio e o ventre teno branco. A femia e o macho o resto do ano é igual pero coa fronte gris e o peito cor crema riscado de escuro.
Liñaceiro común (macho, estival)

Lavandeira branca (Motacilla alba)

Lavandeira branca
Mide uns 17 cm, pero gran parte destes ocúpaos o rabo. O macho ten as costas grises, as ás e o rabo negros riscados de branco, o papo e o curuto negros. A cara e o ventre son brancos. A femia diferénciase en que a parte traseira do seu curuto non é tan negra coma a do macho. Case sempre anda no chan e movendo o rabo continuamente de arriba a abaixo.
Lavandeira branca (femia)

Lavandeira branca (macho)

Lavandeira branca (nova)

Gabeador común (Certhia brachydactyla)

Gabeador común
Mide pouco máis de 12 cm. Ten as costas e as ás pardas riscadas, e a mitra e o rabo marrón claro. A cella, o ventre e o papo son brancos. O seu nome débese á súa costume de subir e baixar polos troncos das árbores camiñando.
Gabeador común

Ferreiriño bacachís (Parus caeruleus)

Ferreiriño bacachís
Mide algo máis de 10 cm. Ten as costas e a mitra oliváceas, o rabo, o curuto e as ás azuis, estas últimas cunha risca alar branca. Ten as fazulas brancas, o papo e o ventre amarelo , cunha raia negra no ventre. É moi activo, non para de moverse e pendurarse das polas.
Ferreiriño bacachís

Ferreiriño abelleiro (Parus major)

Ferreiriño abelleiro
Mide case 15 cm. Os dous sexos teñen as costas e a mitra oliváceas, as ás grises riscadas de branco, as fazulas brancas e o resto da cara e a cabeza negros, o papo e o ventre marelos, exceptuando unha raia negra que os recorre. O rabo é cincento e branco.
Ferreiriño abelleiro

Estreliña riscada (Regulus ignicapilla)

Estreliña riscada
É o paxaro máis pequeno de Galicia cos seus case 10 cm, medio menos ca o carrizo. O macho ten a cara branca e negra a raias, con partes grisaceas, o papo cor crema, as costas, a mitra e o rabo oliváceos e as ás negras, brancas e oliváceas, o seu rasgo máis característico e que ten o curuto laranxa. A femia e coma el pero co curuto amarelo. Pendura o niño entre as follas de arbores ou arbustos.

Estreliña riscada 



Estreliña riscada (aterrizando)

Estorniño negro (Sturnus unicolor)

Estorniño negro
Mide aproximadamente 20 cm. A súa plumaxe estival é completamente negra. Durante o inverno son máis claros e algo pencado de gris. E moi gregario, vive cría e viaxa en grandes bandadas de ata centos de individuos.
Estorniño negro
Estorniño negro (bandada)


Escribenta liñaceira (Emberiza cirlus)

Escribenta liñaceira
Mide pouco máis de 15 cm. Ten a cara amarela e negra a raias, as costas avermelladas e riscado de negro, as ás pardas riscadas de branco, a mitra marrón claro, a parte superior do rabo parda e riscada de negro e a parte inferior deste branco e negro. O seu ventre é amarelo de o seu papo da mesma cor ca mitra. En niños a baixa altura pon os ovos a os que lles debe o seu nome: teñen raias irregulares que parecen escritas.
Escribenta liñaceira (femia)
Escribenta liñaceira (macho)