Esta é unha pequena guía para o recoñecemento dalgunhas das máis comúns aves de Galicia.

Límicolas


Límicolas

Son aves que miden entre 15 e 50 cm e que en bastantes casos viven en zonas húmidas.



Avefría europea (Vanellus vanellus)
Mide uns 30 cm e é invernal. Ten as costas, as ás, a mitra e o rabo dun verde moi escuro. O curuto teno negro cunha crista máis larga no macho. A cara tena branca, excepturando unha liña de debaixo dos ollos que é negra e o papo e o ventre tenos brancos.

Píllara real (Charadius hiaticula)
Mide case 20 cm, é invernante e é exclusiva da costa. Ten as costas, o curuto e as ás pardas oliváceas, a mitra e o rabo marrón e o ventre e o papo brancos. En plumaxe estival ten un colar e un antiface negro dos cales carece durante o inverno.
Píllara real (bandada)