Esta é unha pequena guía para o recoñecemento dalgunhas das máis comúns aves de Galicia.

domingo, 29 de mayo de 2011

Picanzo vermello (Lanius collurio)

Picanzo vermello
Mide uns 17 cm. e é estival. O macho ten a cabeza e a mitra grises, as costas pardas avermelladas, as ás pardas, o rabo negro e a cara branca cun antiface negro. o ventre e o papo tenos brancos un pouco avermellados ao acercarse as ás. A femia ten as costas, a cabeza e a cara ata o pico pardos, a mitra gris, o rabo negro e as ás pardas. O vetre e o papo tenos brancos pardentos.


Picanzo vermello (femia)

Picanzo vermello (macho)

sábado, 28 de mayo de 2011

sábado, 21 de mayo de 2011

Rula común (Streptopelia turtur)

Rula común
Mide pouco máis de 25 cm e é estival. Ten a cabeza gris, pero cunha penca que rodea o ollo avermellada. As costas tenas douradas con pencas negras, as súas ás e o rabo son marróns, o papo é rósaceo e o ventre branco.
Rula común

Paxaros novos

Durante o verán pódense ver moitos paxaros ainda non desenrolados de todo, que fai pouco que sairon do niño. Estes son algúns:




Máis frínxildas: de novo verderolo e xirín

Como puxen en outra entrada anteriormente, entre as especies da familia Frinxillidae hai certa relación de amizade.
Aquí vense dous verderolos e dous xiríns comendo xuntos.

miércoles, 18 de mayo de 2011

Outros nomes

Os nomes das aves que están nas páxinas é nas entradas son os nomes máis correctos (ainda que pode haber outros). Estes son outros nomes para as mesmas aves:
Andoriña común: anduriña.
Cuco común: cuquelo.
Escribenta liñaceira: escribienta, escribiente.
Estorniño negro: estornido.
Ferreiriño común: ferreiro.
Gabeador común: subidor.
Gabián común: gabilán.
Lagarteiro peneireiro: peneireiro.
Lavanco real: ánade.
Merlo común: chocorosa, cochorra.
Merlo rieiro: merla do rio.
Miñato común: ave de rapiña.
Ouriolo común: ouriol.
Paporrubio común: paporroibo.
Paporrubio real: jilgueiro.
Pardal común: gorrión.
Pardal orelleiro: nabiñeiro.
Paspallás común: parpalliz, parpalloz, parpalloza, paspallá.
Pega marza: gaio, marxa, pega marxa, pega rebordá.
Pega rabilonga: pega, pega negra, pega carnizá.
Peto verdeal: rinchón, peto verde.
Pincaouro común: úbalo.
Rabirrubio tizón: pardillo.
Xílgaro común: xilgueiro.

sábado, 7 de mayo de 2011

Aves estivais

Xa chegaron a Galicia todas as aves estivales, destas xa teño foto:

Andoriña común (voando)
Bubela común

Vencello común (voando)

Rula común



Pero hai moitas outras coma o ouriolo, cuco ou o paspallás.