Esta é unha pequena guía para o recoñecemento dalgunhas das máis comúns aves de Galicia.

sábado, 30 de julio de 2011

Ferreiriño común (Parus ater)

Ferreiriño común
Mide pouco máis de 10 cm. Ten as costas, o rabo e as ás azuis, estas con  riscas brancas. As fazulas e o curuto son negras, e o resto da cara e parte do papo son negros. O resto do peito e o ventre son brancos. É moi activo e móvese continuamente, pendurándose cabeza abaixo das polas.
Ferreiriño común

Xílgaro común (Carduelis carduelis)

Xílgaro común
Mide pouco máis de 12 cm. Ten as costas e parte da mitra pardas, o resto da mitra branca e o rabo negro. Nas ás ten dúás raias negras e unha amarela no medio. Ten o curuto negro e a cara vermella e branca. Tamén ten o papo e o ventre brancos.
Xílgaro común

Xílgaro común (parella)
Xílgaro común (novo)
Xílgaro común (novo) (grupo)

martes, 5 de julio de 2011

Ferreiriño cristado (Parus cristatus)

Ferreiriño cristado
Mide pouco máis de 10 cm. Ten as costas, a mitra, as ás e o rabo marróns e o ventre e o peito brancos ou cor crema. a cara tena branca cunha raia negra inferior ao ollo que se une a risca ocular, que tamén é negra. No curuto ten unha crista branca e negra que o fai facilmente diferenciable. Igual ca especie anterior tamén é moi activo.
Ferreiriño cristado