Esta é unha pequena guía para o recoñecemento dalgunhas das máis comúns aves de Galicia.

Outras fotos

Outras fotos
Nesta páxina están as fotos de aves ou calquera outra cousa relacionada cos paxaros que non sexa facil de clasificar no resto.
Este é un merlo macho collendo herba para facer o seu niño en marzo.
Esta é a pluma dunha pega marza.



Dependendo da zona pode haber distintos tipos de pardal común: máis claro sen risca alar ou máis escuro cunha risca alar branca moi definida.

Pardal común macho cortellando á femia.

 Esta é unha lavandeira branca con herbas no arbusto no que está facendo o niño.
Verderolo con ramas no bico para o seu niño.

Este é un fragmeto dun ovo de merlo común do que xa saiu o paxaro.

Este, ainda que non se ve moi ben é o niño dun merlo común.
Este é un merlo común novo nun dos primeiros días despois de sair do niño. Nótase que é novo polas pencas claras do peito, polo seu tamaño e polo largo do seu rabo, máis curta cá dos adultos.
Este é o niño dun rabirrubio tizón, un paxaro ao que lle gusta a cercanía cos humanos.Este niño está situado nunha viga dunha palleira, e os rabirrubios úsano ano tras ano.
Estes son dous verderolos comúns e dous xiríns comúns picando na herba xuntos.
Son tres anduriñas comúns novas. Nótase a súa curta idade polo rabo, máis curto e menos gallado ca nos exemplares adultos.
Nesta foto vese unha cría de merlo común ainda demasiado nova para voar.

Estes son dous merlos comúns, un macho adulto e un fillo seu.
Este é un pardal común levando plumas brancas para forrar o seu niño.
Está é unha pluma dun corvo, ainda que non se note na foto mide máis de 10 cm.


Aquí vese unha pluma de merlo.
Foto dunha pluma dunha pega rabilonga. Esta pluma é unha rémixe secundaria, que está na parte da á que está máis cerca do corpo.
Aquí vese a pluma dun peto verdeal.
Nesta foto vese outra pluma de pega marza, máis grande ca outra amosada anteriormente. Sabese que é de pega marz polas pequenas barras azuis e negras da parte inferior.
Outra foto máis de pega marza, coas características liñas azuis.
Este paporrubio novo está tirado ao sol probablemente secando as plumas ou quentándose.
Este figo atopado debaixo dunha figueira está comido polos estorniños. Nel vense as marcas dos seus bicos.
Esta é unha pluma de pombo torcaz.
Aquí vese unha pluma da cola dun gavián común.
Esta é outra pluma de pega rabilonga.

 Comparación das sendas dunha gaivota patiamarela e dunha gaivota chorona común.
 Este e o óso dun calamar que foi comido polas gaivotas cando ainda tiña carne. Nótase pola tinta nas marcas dos picos.
 Pisada de gaivota chorona común.
 Pisada de gaivota patiamarela.
 Rastro da alimentación de varias gaivotas.
Marcas deixadas polo dedo central da gaivota chorona común.
Marcas deixadas polo dedo central da gaivota patiamarela.
 Aquí vense as plumas dun pombo no sitio onde outro animal o cazou e comeu.
 Estas son as plumas dunha ave que foi cazada e comida.
Este merlo ten a cabeza gris, posiblemente pola idade.
Este niño atopeino nunha finca onde hai un cabalo negro, e vese como o forrou co seu pelo.
 Son as plumas do peito dun pombo, polo que se sabe que aquí un depredador ou o cazou ou o comeu.
Esta pluma probablemente pertenza a unha rula turca.
Esta é a foto dun merlo común cunha uva.
Bandada conxunta de estorniños negros e pintos.

Aquí vense xuntos unha garzota común e un corvo mariño real.