Esta é unha pequena guía para o recoñecemento dalgunhas das máis comúns aves de Galicia.

Especies semellantes

Nesta páxina dinse as diferenzas sobre algunhas das aves máis difíciles de diferenciar.

Ferreiriño abelleiro - Ferreiriño bacachís
Teñen tres diferenzas importantes:
1 O ferreiriño abelleiro ten a cabeza negra, mentras que o bacachís a ten azul
2 O ferreiriño abelleiro ten unha raia negra que lle cruza o papo e o ventre, raia da que o bacachís carece.
3 Mentres que o ferreiriño abelleiro é calmado coma calquero outro paxaro, o bacachís nunca para de cambiar de pola, de colgarse cabeza abaixo, de picar todas as follas... 

Ferreiriño abelleiro

Ferreiriño bacachís

Estorniño negro - Merlo común (macho)
Teñen 2 diferenzas:
1 O rabo do merlo é moito máis longo ca o do estorniño.
2 O bico do estorniño é gris atrás e amarelo adiante, mentres que o do merlo é laranxa.

Estorniño negro



Merlo común (macho)

Pincaouro común (macho) - Xirín común
Teñen 3 diferenzas básicas:
1 O pincaouro ten unha penca negra na fronte, en cambio o macho do xirín tena amarela, e a femia gris.
2 As múltiples riscas alares do pincaouro son amarelas, mentres que as do xirín son brancas.
3 A diferencia do do pincaouto o canto do xirín e longo e melodioso.

Pincaouro común (macho)



Xirín común (macho)

Andoriña común-Vencello común
Teñen 2 diferenzas:
1 A andoriña ten o papo marrón, mentres que o vencello o ten branco.
2 No voo o rabo do vencello vese algo gallado, pero diferénciase do da andoriña en que o desta é máis gallado.

Andoriña común (voando)

Vencello común (voando)


Pardal común (macho) – Pardal orelleiro
Teñen 2 diferenzas:
1 O curuto do pardal común é gris, e a do orelleiro marrón.
2 O pardal orelleiro ten unha mancha negra na cara, da que o común carece.

Pardal común (macho)



Pardal común


Picafollas europeo-Picafollas ibérico
Teñen 2 diferenzas:
1 O europeo so está durante o inverno e o ibérico durante o verán.
2 A cor xeral do ibérco e máis amarela.

Picafollas europeo

Picafollas ibérico

Picafollas ibérico-Fulepa amarela
Ainda que ambos están aquí no verán e a súa cor é case idéntica teñen 1 leve diferencia:
1 A diferencia do da fulepa, o rabo do picafollas ibérico está gallado.
Picafollas ibérico
Fulepa amarela