Esta é unha pequena guía para o recoñecemento dalgunhas das máis comúns aves de Galicia.

lunes, 5 de septiembre de 2011

Ouriolo común (Oriolus oriolus)


Ouriolo común
Mide case 25 cm e é estival. O macho ten todo o corpo menos as ás e parte do rabo amarelos. Estas dúas partes son negras, as ás con risca alar amarela. A femia ten as costas e o rabo verdes, a mitra amarela, as ás verdes e negras e o papo branco riscado de verde. É moi esquivo, non se acerca á xente. 
Ouriolo común (macho, novo)

No hay comentarios:

Publicar un comentario