Esta é unha pequena guía para o recoñecemento dalgunhas das máis comúns aves de Galicia.

sábado, 23 de abril de 2011

Lavandeira branca (Motacilla alba)

Lavandeira branca
Mide uns 17 cm, pero gran parte destes ocúpaos o rabo. O macho ten as costas grises, as ás e o rabo negros riscados de branco, o papo e o curuto negros. A cara e o ventre son brancos. A femia diferénciase en que a parte traseira do seu curuto non é tan negra coma a do macho. Case sempre anda no chan e movendo o rabo continuamente de arriba a abaixo.
Lavandeira branca (femia)

Lavandeira branca (macho)

Lavandeira branca (nova)

No hay comentarios:

Publicar un comentario