Esta é unha pequena guía para o recoñecemento dalgunhas das máis comúns aves de Galicia.

sábado, 23 de abril de 2011

Estreliña riscada (Regulus ignicapilla)

Estreliña riscada
É o paxaro máis pequeno de Galicia cos seus case 10 cm, medio menos ca o carrizo. O macho ten a cara branca e negra a raias, con partes grisaceas, o papo cor crema, as costas, a mitra e o rabo oliváceos e as ás negras, brancas e oliváceas, o seu rasgo máis característico e que ten o curuto laranxa. A femia e coma el pero co curuto amarelo. Pendura o niño entre as follas de arbores ou arbustos.

Estreliña riscada 



Estreliña riscada (aterrizando)

No hay comentarios:

Publicar un comentario