Esta é unha pequena guía para o recoñecemento dalgunhas das máis comúns aves de Galicia.

sábado, 23 de abril de 2011

Escribenta liñaceira (Emberiza cirlus)

Escribenta liñaceira
Mide pouco máis de 15 cm. Ten a cara amarela e negra a raias, as costas avermelladas e riscado de negro, as ás pardas riscadas de branco, a mitra marrón claro, a parte superior do rabo parda e riscada de negro e a parte inferior deste branco e negro. O seu ventre é amarelo de o seu papo da mesma cor ca mitra. En niños a baixa altura pon os ovos a os que lles debe o seu nome: teñen raias irregulares que parecen escritas.
Escribenta liñaceira (femia)
Escribenta liñaceira (macho) 

No hay comentarios:

Publicar un comentario